Conxuro - 2015

4 views

Lyrics

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
 Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas
 Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras
 Podres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas
 Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos
 Cheiro dos mortos, tronos e raios
 Oubeo do can, pregon da morte, founcinho do sátiro e pe do coello
 Pecadora lingua da da mala muller casada con home vello
 Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes
 Corpos mutilados dos indecentes
 Peidos dos infernais cús, muxido da mar embravescida
 ♪
 Barriga inútil da muller solteira
 Falar dos gatos que andan a xaneira
 Guedella porca da cabra mal parida
 Con este fol levantarei as chamas deste lume
 Que asemella ao do inferno
 Fuxirán las bruxas a cabalo das súas escobas
 Índose bañar na praia das areas gordas
 ¡Oíde, oíde os ruxidos que dan las que non poden deixar
 De queimarse na augardente
 Quedando así purificadas!
 ♪
 E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas
 Quedaremos libres dos males da nosa ialma
 E de todo embruxamento
 ♪
 Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada
 Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente
 Eiquí e agora
 Facede cos espritos dos amigos que están fora
 Participen con nos desta queimada
 Ha, ha, ha, ha, ha, ha, ha, ha
 

Audio Features

Song Details

Duration
03:28
Tempo
130 BPM

Share

More Songs by Mägo de Oz

Albums by Mägo de Oz

Similar Songs