Irmau daniel

1 views

Lyrics

A patria vai desterrada
 nun barco polo ancho mar
 e un vento lurpio de sangue
 afoga en sangue o teu lar.
 Morte ao inxenio, morte a vida
 cando estaba a despertar,
 dun longo sono de tébra,
 Galicia volve a calar.
 A patria, oh dona, máis sangue,
 a túa semente un cantar.
 Recorre os montes e as chainas
 coa esperanza a navegar.
 Escuras noites de neno
 un amigo que nos da
 folliñas que abren os ollos
 desde o outro lado do mar.
 (Verso)
 A terra fíxose nel verbo harmonioso
 transubstanciada en música para darnos
 a dimensión exacta dos camiños,
 dos ventos e solpores,
 das mañás transparentes
 e das escuras noites de intrahistoria.
 Pasade caladiños,
 estades diante a fala,
 descubrídevos.
 Ti xa morto e no silencio,
 polo medio o ancho mar,
 os bos fillos de Galicia
 aprenden en ti a loitar.
 Irmao Daniel ti sabías
 que ninguén pode matar
 o amor con que os ben nacidos
 aloumiñan a súa nai.
 Agora traente de volta
 cos teus hastra Bonaval
 cómplices maus de silencios
 que mudaron pra medrar.
 Tarde ou cedo,
 algún día,
 nas aldeas
 na ciudá,
 o pobo que aínda adormece
 há coñecela verdá.
 Que a patria vai desterrada
 nun barco polo ancho mar.
 

Audio Features

Song Details

Duration
02:50
Tempo
109 BPM

Share

More Songs by A Quenlla

Similar Songs