Nadal de Luintra

2 views

Lyrics

Cara Belén camiña
 Unha Nena ocupada
 Fermosa, en canto a ela,
 San Xosé a acompaña.
 Chegaron a Belén e pediron pousada,
 Responderon de adentro con voz alborotada.
 ♪
 ¿Quen chama á miña porta, quen á porta me chama?
 Somos Xosé e María que pedimos pousada.
 Se traen cartos que entren e senon que se vaian.
 Cartos non traerei, máis que un real de prata.
 ♪
 Isos son poucos cartos, pídanno noutra parte.
 San Xosé xa penaba, María o consolaba.
 Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
 ¿Qué máis cartos ti queres que isto que me acompaña?
 

Audio Features

Song Details

Duration
04:05
Key
2
Tempo
98 BPM

Share

More Songs by Berrogüetto

Albums by Berrogüetto

Similar Songs