Cantiga de Falván

5 views

Lyrics

Cando quero canto, canto
 Cando canto canto ben(e)
 Non se me pon no camiño
 Arrodeo de ninguen(e)
 Ai Amor, arrodeo de ninguen(e).
 Se en Galiza traballasen
 Os que arrumban o diñeiro
 Medraria pan na artesa
 E millo no cabaceiro
 Ai Amor, e millo no cabaceiro.
 A vida que leva o probe
 E como a vida de un grilo
 Polo dia moita fame
 Pola noite moito frio
 Ai Amor, pola noite moito frio.
 Esta noite ha de chover
 Que leva cercado a lua
 Para uns e sinal de fame
 Para outros de chea e fartura
 Ai Amor, para outros de chea e fartura.
 Voa unha vella cantiga
 Entre as uces de falvan(e)
 Que me rouba o sentimento
 E me traba como un can(e).
 Ai Amor, e me traba como un can(e).

Audio Features

Song Details

Duration
03:24
Key
9
Tempo
138 BPM

Share

More Songs by Luar Na Lubre

Albums by Luar Na Lubre

Similar Songs