As crónicas

2 views

Lyrics

Sen sabelo viaxamos sen mapas a un punto de encontro
 Que o destino tiña nun libro escrito no lombo.
 Non me vestín para a ocasión, deixei a porta aberta,
 Tan só deixamos que as voces trocasen muros por xanelas.
 E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron.
 Os trópicos e os meridianos empurraban a terra
 Facéndose acenos coidadosos para non levantar sospeitas.
 Castros, montes e praias, pedras, flores e area
 Foron facendo escolma, reflectida en verbas e estrelas.
 E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
 Facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
 E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
 Facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
 A forza dunha onda que fai belida a rocha
 E as nosas mans como vides, que ao sol medran con forza.
 De mares e interiores faise o cóctel segredo
 Que un día un alquimista mesturou con bo xeito.
 E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron
 Facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.
 

Audio Features

Song Details

Duration
03:46
Key
9
Tempo
121 BPM

Share

More Songs by Os Amigos dos Músicos

Albums by Os Amigos dos Músicos

Similar Songs