4 x 20

6 views

Lyrics

4 x 20
 Vigo, xa teño estado aquí noutro sitio!
 Vigo!, verbo de mirar e non ver nada
 Vigo sen vivir en min
 Vigo Berlín en cada estoupido Líbano
 Vigo, muller barbuda
 Vigo, os dedos de Fingers Iavé tiñan artrose en pegada e ría
 Vigo, placenta de maná centrífugo
 O nacemento de Vigo non é o belén da Caixa de Aforros
 Vigo, os pastores do belén da Caixa de Aforros de tan hebreos son sionistas
 Vigo, nazareno. O Cristo da Vitoria era de Ourense
 Vigo de grúas asombradas
 Vigo, lumpen salitre
 Vigo, bacallau!
 Vigo, en ti escarrancharon o desexo os tranvías e os poetas épicos
 Vigo, empanada de cebola
 Vigo é un campamento de refuxiados en territorio ocupado
 Vigo de vigueses, de viguesas, de portuguesas que fan o francés
 Vigo, ourensáns
 Vigo, chacho!
 Vigo, barato, barato!
 Vigo, peronismo de praias
 Vigo, o Atlántico é unha piscina
 Vigo quere dicir vosoutros non sodes nosoutros
 Verso número 20: Vigo está feito do menisco dun mamut

Audio Features

Song Details

Duration
01:21
Key
5
Tempo
109 BPM

Share

More Songs by Os Resentidos

Albums by Os Resentidos

Similar Songs