Bailemos con Xeito

3 views

Lyrics

Cando o medo e o silencio falan pola mesma voz
 Non é o tempo dos heroes que carecen de valor
 Cando o amor se conxura con formas pronominais
 As ideas sempre fluen das palabras dos demais
 Entendo que se fai demasiado
 Imaxes dun tempo xa pasado
 Que acaban sendo vellos remendos no corazón
 A primavera deu contas di que o tempo vai e ven
 Se a neve tirou coas ramas coa chuvia van florecer
 E nun mixiño de soños no pestiño do verao
 E unha presada de rosas para ti na miña mao
 Quixera decir algo fermoso
 Que achara no teu peito repouso
 E escoitarnos falando un tempo co corazón
 Se na vida nada é certo
 Todo vai según se ve
 Eu quero mirarche os ollos
 Ir subido no teu tren
 Non me importa ser sinxelo
 Indo collidos da mao
 Sendo así non temos medo
 Paseniño e de vagar
 Lamento non estar ao teu lado
 No tempo que pasou de contado
 Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo
 Colle a miña cintura meu ben e bailemos co vento
 Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo
 Colle a miña cintura meu ben e bailemos con xeito
 Se queres ser feliz conmigo esta vez non perdamolo tempo
 Colle a miña cintura meu ben e bailemos co vento
 Se queres ser feliz conmigo outra vez non perdamolo tempo
 Colle a miña cintura meu ben e bailemos con xeito

Audio Features

Song Details

Duration
03:01
Key
2
Tempo
110 BPM

Share

More Songs by Quempallou

Similar Songs