A Bruxa Maruxa
1
views
Lyrics
A bruxa Maruxa ten unha curuxa que non pecha os ollos, non quere durmir. A bruxa Maruxa ten unha curuxa que está todo o tempo mirando para ti. A bruxa Maruxa e a súa curuxa voa e revoa de aquí para alá. Coa súa vasoira facendo piruetas, primeiro para diante e logo para atrás. A bruxa Maruxa non quere ser bruxa. a bruxa Maruxa quere ser feliz. Foi ao mercado verder unha curuxa e xa lle marchou o gran nariz. A bruxa Maruxa tiña catro primas ás que tan só vía polo Nadal. Estaban no cárcere por asesinas; cortáranlle o rabo a un pobre animal. A bruxa Maruxa temén ten dúas tías, pero nunca pode ilas visitar. Non paran na casa; polo mundo enteiro, detras dun carneiro andan a voar. A bruxa Maruxa tiña un segredo gardado no seu camisón. Ninguén sabía o que agocharía, se pata de galo ou dente de león. A bruxa Maruxa nunca foi en barco, nin foi polo río, nin foi polo mar. Ia plolos montes, ía polos charcos; entraba e saía sen pestenexar.
Audio Features
Song Details
- Duration
- 04:23
- Tempo
- 170 BPM