Co Sorriso Ante a Malicia

4 views

Lyrics

A onde fuxir? A onde escapar?
 Onde encontrar un resto de cordura?
 E a quen podemos apelar?
 Para esixir o final da tortura?
 Cando é o momento de cargar
 E disparar?
 Decisión miña ou súa?
 E hai outra forma de operar
 Compatíbel coa cultura?
 Como aferrarse á opinión
 De que a palabra é o misil pertinente?
 Como facer que a ilusión
 Teña cabida no presente?
 E de que nos serve a indelección
 En corpos que non teñen sangue quente?
 E cando foi que a outra versión
 Abandonou o continente?
 Como podemos descolar
 As bocas que precintou a desidia?
 Pódese aínda recuar,
 Ou hai que crer no imperio da impericia?
 E a acción en filme de Van Danme,
 A voz fuxiu de viaxe con Alicia
 E hai que avivar o ben moral
 Co entusiasmo da milicia
 Co entusiasmo da milicia
 E co entusiasmo da milicia
 E co poder da diversión,
 Coa fondura da caricia.
 E co abrazo da elección,
 Coa esixencia de ledicia,
 Co orgullo da paixón,
 Co sorriso ante a malicia.
 ♪
 E por quen pedir? Por quen loitar?
 Cal é, de certo, un alma imprescindíbel?
 Con quen debemos negociar,
 A importancia do rendíbel?
 Onde podemos ir buscar?
 O denodo da mente redutíbel?
 E segue a existir o talismán
 Que nos une ao invisíbel?
 Como sabemos se a función
 Substituíu a vida para sempre?
 Se hai na seguinte xeración
 Un pesticida que borre o evidente?
 Xa sen marxe de actuación,
 Sen fruito para a semente.
 Ante a inminencia da detonación
 Hai que deixar ver os dentes,
 Hai que deixar ver os dentes
 E hai que deixar ver os dentes
 E opoñerse á extinción,
 Bombear o sangue quente
 E encomendarse á submisión,
 Desafiar o decadente
 Co amparo do bastión,
 Coa ousadía da valente
 Co entusiasmo da milicia
 E co entusiasmo da milicia
 E co poder da diversión,
 Coa fondura da caricia.
 E co abrazo da elección,
 Coa esixencia de ledicia,
 Co orgullo da paixón,
 Co cagarse na inmundicia
 Co sorriso ante a malicia
 Co sorriso ante a malicia
 Co sorriso ante a malicia
 Co sorriso ante a malicia,
 Co sorriso ante a malicia...
 

Audio Features

Song Details

Duration
04:34
Key
9
Tempo
113 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs