Bótanlle Leña

6 views

Lyrics

Porque non saio de madrugada.
 Porque non saio de madrugada,
 dinme que a lúa me ten atada,
 dinme que a lúa me ten atada.
 Porque me dispo na súa escena,
 porque me dispo na súa escena,
 dinme que a ela lle fago a pena,
 dinme que a ela lle fago a pena
 E que veña ou vaia,
 que vaia ou veña
 Se me subo ao carro,
 bótanlle leña
 Porque non mudan os meus andares,
 porque non mudan os meus anadres,
 dinme que non arrastro pesar-e,
 dinme que non arrastro pesar-e.
 Porque caín e seguín andando,
 porque caín e seguín andando,
 andan os míseros murmurando,
 andan os míseros murmurando
 E que veña ou vaia,
 que vaia ou veña
 Se me subo ao carro,
 bótanlle leña
 Porque sorrío diante das balas,
 porque sorrío diante das balas,
 dinme que me gusta disparalas.
 Porque non quixen ser unha escrava,
 quitoume a súa man quen ma daba,
 quitoume a súa man quen ma daba
 E que veña ou vaia,
 que vaia ou veña
 Se me subo ao carro,
 bótanlle leña
 E que veña ou vaia,
 que vaia ou veña
 Se me subo ao carro,
 bótanlle leña
 Se me subo ao carro,
 bótanlle leña.

Audio Features

Song Details

Duration
05:38
Key
5
Tempo
155 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs