Non se me Ocorre

6 views

Lyrics

Canta verdade pode conter
 unha resposta que se da sen pensar.
 Cantos reloxos poden medir
 o tempo que non che souben adicar,
 e sen pedir por esceas de amor
 nin pasear por mundos de regaliz,
 cando imaxino morrer con alguén
 non se me ocorre outro que non sexas ti.
 Cantas palabras hei de cuspir
 pra ghomitarte e aliviar este ardor,
 cantos abrigos,
 canto vapor,
 para suar a febre sen inseccións.
 e sen liserxicos que sirvan de tren
 nin psicotrópicos de hippie feliz,
 Cando imaxino voar con alguén
 non se me ocorre outro que non sexas ti,
 non se me ocorre outro que non sexas ti.
 E suspiro e lembro aqueles días
 en que o universo limitaba con nós,
 en que despegaba se ti te rias,
 en que velaba sempre a tua voz,
 en que velaba sempre a tua voz.
 ♪
 Cantas materias hei de cursar
 para aprender a esquecer o que vivín.
 Cantas caídas, cantas lexións
 que leven todo o fotograma de aqui.
 E sen vivir nun bolero nin ser
 a diva histriónica que clama a súa fin,
 cando abandono o chan por alguén,
 a inspiración do drama sempre es ti,
 a inspiración do drama sempre es ti.
 E durmome e lembro aqueles días
 en que a fronteira a debuxaba un colchón,
 en que un pixama era a tua pel contra a miña
 e en que todo o que sumaba daba dous,
 en que todo o que sumaba daba dous.
 

Audio Features

Song Details

Duration
03:50
Key
4
Tempo
112 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs