Romance Da Bela Rosa

6 views

Lyrics

Unha vez houbo unha flor
 que só ulía certa xente
 no xardín dun gran demente
 con máis poder que razón
 A rosa leda medrou,
 medrou soa e sen axuda,
 era forte coma ruda,
 contra o frío e o calor
 Saíu o sol e corou,
 co seu vermello impoñente,
 tanto, que ao amo e a outras xentes
 molestou o seu primor
 No canto de con amor,
 ollábana con vaidade,
 e ante a fermosa humildade
 respostaron con temor
 Moitas flores do redor,
 de xardíns de alleas terras,
 aplaudiron moi contentas
 cando o amo as recortou
 A planta quedou sen flor
 pero aínda resistía,
 porque a raíz se nutría
 da terra que a enxendrou
 A terra considerou
 que o seu froito era inocente,
 que fora nobre e valente
 e dela se preocupou
 A auga axiña chegou
 e o resto de compañeiras
 acudíronlle lixeiras
 e calmaron a súa dor
 Certo día aquel señor
 foi alabar a maceira
 e reparou na roseira
 que cortara con rancor
 Mil rosas con esplendor
 recendían maxestuosas
 unhas espiñas máis grosas
 que as tesouras do señor
 Comprendiu o amo entón,
 o seu crime despiadado,
 caiu ao chan apenado
 e pola rosa chorou
 Aquela primeira flor
 só no recordo latexa
 pero se a raíz é rexa
 a planta non morre, non
 

Audio Features

Song Details

Duration
03:25
Key
7
Tempo
125 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs