Rebelarse á Conciencia

6 views

Lyrics

Cen idades xa levo tentando
 Dar terra a carencias de amor
 Privación que silencio cantando
 Eu non sei até cando remolcar esta dor
 E promiscua busco ruín sustituto
 E prosaica gardo fé en bo final
 Unha fe que é o opio mas vácuo
 É mellor o tabaco, non me fai tanto mal
 Botarlle fume a vida
 E onde hai faros querer ver estrelas
 E tornar voluntaria a contaminación
 Inspirar saudade, expirar resistencia
 Rebelarme á conciencia e facer da doenza
 A rehabilitacion
 Coa canela sudo o tempo chorado
 E co cravo volto a desolacion
 E o frío e o calor mesturado
 Fan de min un tornado
 Que limita a razon
 O nudismo é o meu aliado
 Transparente levanme fusilar
 No paseo levo a testa ben alta
 Pagarei tres mil faltas
 Antes de claudicar
 Botarlle fume a vida
 E onde hai faros querer ver estrelas
 E tornar voluntaria a contaminación
 Inspirar saudade, expirar resistencia
 Rebelarme á conciencia e facer da doenza
 A rehabilitacion
 Rebelarme á conciencia e facer da doenza
 A rehabilitacion
 

Audio Features

Song Details

Duration
03:16
Key
11
Tempo
132 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs