Desde o Altar

3 views

Lyrics

A golpe de entoar cantos de sorte
 Facemos resoar ecos faltos de savia pra avivar
 A forza de enxalzar tanto desnorte
 Abrimos paso a espantos e a quebrantos
 E a mil contos por contar
 Gurús que perpetúan mitos de noites
 Que son de pedra, avanzan como a hedra
 E que só medran porque os deixamos medrar
 E o medo espera moi paciente
 E non sucumbe ao desalento
 E hai unha sombra en cada esquina
 Preparada prometendo amparo
 A todos os paxaros que alí queiran aniñar
 A falta de campás tocando morte
 Mantemos estadistas con coristas
 Que nos guían pra bailar
 Un son de aburrimento e de remolques
 Que cargan coa indolencia e a indecencia
 E encantados de acatar
 Seguimos a portar sombras de onte
 Que son de pedra, avanzan como a hedra
 E que só medran porque as deixamos medrar
 E o medo espera moi paciente
 Desde o altar
 E non sucumbe ao desalento
 Desde o altar
 E hai unha sombra en cada esquina
 Preparada prometendo amparo
 A todos os paxaros que alí queiran aniñar
 Que o medo non coñece a presa
 Desde o altar
 E asexa cómodo e sorrinte
 Desde o altar
 Coa seguranza do que avanza
 Fachendoso e con alardes
 Nun sendeiro de covardes que o veneran ao pasar
 Rebeldes estadeas toman o monte
 Ruxindo sen mesura na procura
 Dunha vida pra habitar
 Que as poida liberar e que desmonte
 A farsa dos censores e os temores
 E debemos aspirar
 A ser un forte mar
 Rompendo as pontes
 Que son de pedra, avanzan como a hedra
 E que só medran porque as deixamos medrar
 E o medo espera moi paciente
 Desde o altar
 E non sucumbe ao desalento
 Desde o altar
 E hai unha sombra en cada esquina
 Preparada prometendo amparo
 A todos os paxaros que alí queiran aniñar
 Que o medo non coñece a presa
 Desde o altar
 E asexa cómodo e sorrinte
 Desde o altar
 Coa seguranza do que avanza
 Fachendoso e con alardes
 Nun sendeiro de covardes que o veneran ao pasar
 E o medo espera moi paciente
 Desde o altar
 E non sucumbe ao desalento
 Desde o altar
 E hai unha sombra en cada esquina
 Preparada prometendo amparo
 A todos os paxaros que alí queiran aniñar
 Que o medo non coñece a presa
 Desde o altar
 E asexa cómodo e sorrinte
 Desde o altar
 Coa seguranza do que avanza
 Fachendoso e con alardes
 Nun sendeiro de covardes que o veneran ao pasar
 

Audio Features

Song Details

Duration
04:09
Key
3
Tempo
178 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs