Se Non Podo ir a Onde ti Estás

6 views

Lyrics

Durme máis que os osos nun inverno.
 Berra, toma os tronos tras a luz.
 Come coma un neno consentido
 que corre, ceibe, terco e nu.
 Sabe máis que todos os que falan.
 Fala con vehemencia e con valor.
 Ama ca inocencia disfrazada
 da que nunca espera unha ovación.
 Nai, xa sabes que te quero,
 e, anque son rebelde e falo mal,
 non concibo a permanencia no universo
 se non podo ir a onde ti estás.
 Ensináchesme que todo é nada.
 Que non hai máis ouro que o amor.
 Apréndesmo sen querer, cando te miro
 e descubro que es feliz cando eu o son.
 En silenzo das discursos que conteñen
 o ciclón que trouxeches hacia aquí.
 Lévote comigo porque eu son o teu anaco.
 Ti eres eu e eu son parte de ti.
 Nai, xa sabes que te quero,
 e, anque son rebelde e falo mal,
 non concibo a permanencia no universo
 se non podo ir a onde ti estás.
 Non me reñas por ser unha suicida,
 por chorar e por velo todo azul.
 Perdoa non facerche unha rancheira
 e cantarche a ti con voz de blues.
 Nai, xa sabes que te quero,
 e, anque son rebelde e falo mal,
 non concibo a permanencia no universo
 se non podo ir a onde ti estás.
 Nai, xa sabes que te quero,
 e, anque son rebelde e falo mal,
 non concibo a permanencia no universo
 se non podo ir a onde ti estás.
 Se non podo ir a onde ti estás.
 Se non podo ir a onde ti estás.

Audio Features

Song Details

Duration
05:06
Key
2
Tempo
204 BPM

Share

More Songs by SES

Albums by SES

Similar Songs